Deviant Login Shop  Join deviantART for FREE Take the Tour
×

:iconmarvinlapsus: More from MarvinLapsus




Details

Submitted on
July 2, 2012
Submitted with
Sta.sh Writer
Link
Thumb

Stats

Views
70
Favourites
0
Comments
0
×
Algúns nunca paran de medrar, aínda que pouca xente se dea de conta.



Berri Txarrak. Este power trío é, se cadra, o mellor grupo dese amplo xénero chamado "post-hardcore" da Península Ibérica.
Comezando a súa carreira hai xa case 20 anos, no 1994, a banda xurdiu das cinzas do movemento hardcore máis importante da Penísula, o "Rock Radical Vasco", coa intención de traerlle nova sangue. Coa intención de facelo avanzar, incorporaron elementos diversos: Seattle sound, nu metal e mesmo pop punk. E conseguírono, a pesar dos pesares. Porque os Berri nunca o tiveron sinxelo: por motivos políticos escolleron o euskera como única lingua das súas cancións, o que lles granxeou non poucas suspicacias e rexeitamentos ó longo da súa carreira. Na miña opinión, esta ben escoitar un acento diferente; ademais, a lingua vasca outorgalle unha sonoridade moi apropiada ás creacións do combinado. Pero gran parte do público español non está de acordo con esto, e por suposto tampouco as casas de discos: Berri Txarrak segue a ter o seu contrato nunha pequena casa de discos independente, GOR.
Nin sequera na explosión emo da pasada década saiu este grupo da escuridade, a pesar de que compañeiros seus como Rise Against, partindo dunha comprensión similar (melódica) do hardcore alcanzaron cotas razonablemente altas de popularidade. Mais hai que contar con que o panorama musical en España non é comparable co internacional, por desgracia.
Pois ben, atopámonos cun grupo que foi vítima colateral da súa situación histórica e cultural, e que continuou a progresar o seu son, LP tras LP.
Despois dun silencio de 4 anos, a banda voltou en 2009 con "Payola", grabada co celebérrimo Steve Albini e que como non podía ser doutra maneira os amosaba en toda a súa potencia dunha maneira máis sentida e visceral que nunca.

Mais a aproximación estética de Albini á produción non sería a que arrincase o mellor do trío navarro. Dous anos despois, a banda poñeríase ás ordes de Ross Robinson nas que serían as espartanas sesións de grabación do seu traballo máis aventurado e progresivo deica o momento: Haria.

"Haria" é un paso cara adiante na carreira do xa lonxevo Berri. En Haria hai espazo para o metal, pero xa non é o nu metal que caracterizaba discos como "Ikasten". Hai espazo para a melodía, pero xa non como en "Libre": as influencias dos Berri Txarrak sobrepóñense en finas capas creando o seu disco máis maduro deica o momento.

As letras son o apartado verdadeiramente excelente do álbum: poemas que non caen no vago sentimentalismo que caracteriza á maior parte das bandas asociadas co post hardcore e os seus xéneros afíns, nin na vertente máis propagandística dos grupos de hardcore politizado: conseguen evocar emocións mentres se amosan feramente políticos e sen perder a intelixencia que sempre os caracterizou. Do mesmo modo, tampouco incorren no misticismo filorrelixioso de Thrice, que a min persoalmente me conseguiu desvincular da súa música andando o tempo. Adermáis, os Berri tiveron a idea de colocar unhas traducións bastante logradas das súas letras ó inglés e o español na súa páxina web.

A produción de Robinson é outro grande punto a favor, e retrotráenos ó realizado naquel grande álbum do 2000, Relationships of Command. Mais semella que Robinson aprendeu a lección que At the Drive-In lle ensinaron: neste disco non se perde nin un ápice da forza do directo de Berri Txarrak, pero adórnase e trabállase. Robinson encárgase de mesturar a forza primaria deste power trio (polo tanto, desta forma elemental de banda de rock) converténdoa nun muro de agresión sónica atravesado en ocasións por adornos corais e electrónicos.

No aspecto musical, como se dixo anteriormente, podemos atopar influencias moi diversas: hai riffs na tradición do Rock Radical Vasco e do Nu metal (aínda que no aspecto metaleiro os Berri amosaron "medrar", por dicilo dalgunha maneira: fixémonos, senón, no aplastante riff da introdución de "Lepokoak" e a súa impecable dureza), moita sentida melodía e algúns momentos de experimetación sónica tanto cos instrumentos (en termos de volume e distorsión) como coa produción.
O álbum ábrese de maneira perfecta, cunha canción que encapsula o que podemos esperar deste traballo: Sugea Suge. Agresividade, melodía e momentos luminosos e unha importante vertente progresiva (o final envolvente desta canción, que semella elevarnos cara un horizonte luminoso mais non exento de sombras, e que é apropiado para unhas letras nas que se nos fala de loita pero tamén de esperanza).
Albo Kalteak é outro dos temas definitorios desta nova etapa dos Berri: non en van foi escollido como single promocional do traballo. A liviandade do diálogo entre a batería e a guitarra ó comezo contrasta coa forte distorsión amarga que caracteriza o tema en sí.
Tódalas cancións parecen fluír sen incoherencias evidentes, o que semella todo un logro tendo en conta o progreso en termos de composición que este álbum supón respecto dos anteriores.
"FAQ", que conta coa colaboración de Matt Sharp (antigo baixista de Weezer) compón o número máis pegadizo do álbum. Nesta veloz peza de melódico podemos aprezar a perfección do traballo de Robinson para a banda de Lekunberri.
Resulta destacable a presenxa de "Lehortzen", que conclúe este traballo en forma da psiquedélica e mareante fábula sónica duns peixes que ven secar o seu estanque, nerviosos.
A canción, que destaca como unha rareza no catálogo de Berri Txarrak tanto pola súa tranquilidade como pola súa calidade de experimental, amósase como un cerre perfecto para este álbum, o que non deixa de amosarse como unha mostra máis do evidente crecemento da banda Navarra.

Berri Txarrak, esa banda creativa e de calidade que mesmo dentro das fronteiras de España, ese estado o que se opoñen, atopan problemas para desenvolver a súa arte libremente. Esa banda que confía en que o maior atrativo para vender os seus álbums é o pequeno "Produced by Ross Robinson" e non o grande "Berri Txarrak".
Por sorte, os que os escoitamos decatámonos de que non debería ser así.
No comments have been added yet.

Add a Comment: